Dúas persoas feridas en dous accidentes con vehículos envorcados en Santiago e Catoira

01 Decembro 2025

Dúas persoas resultaron feridas nas últimas horas en senllos accidentes de tráfico rexistrados en Santiago de Compostela e en Catoira, ambos con vehículos envorcados e coa necesidade de excarceración dos ocupantes.

G.E.S. PADRON

Tres turismos implicados na N-525, en Santiago

O primeiro sinistro tivo lugar minutos antes das 7:00 horas na rotonda situada á altura do quilómetro 337 da N-525, na parroquia compostelá do Eixo. Varios particulares alertaron ao 112 Galicia da presenza de tres coches accidentados, un deles volcado, e avisaron de que un dos condutores non podía saír do interior do vehículo.

Activouse de inmediato un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros e a Policía Local de Santiago. Os bombeiros tiveron que intervir para liberar ao condutor atrapado.

Dúas persoas foron finalmente evacuadas ao Hospital Clínico Universitario de Santiago para a súa valoración médica.

Outro condutor excarcerado en Catoira

Pouco despois, rexistrouse outro accidente no quilómetro 5 da PO-548, na zona de Oeste (Catoira). O 112 Galicia recibiu o aviso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba do envorco dun coche e da posible presenza dunha persoa no interior.

Ao chegar ao punto, os equipos de intervención confirmaron a necesidade de excarceración. Os Bombeiros do Salnés e o GES de Padrón liberaron á vítima, que posteriormente foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

No operativo participaron tamén a Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil de Valga.

Outros artigos

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.