Dodro aproba o POS de gastos sociais extraordinarios e a segunda fase do POS adicional

30 Decembro 2025

O Concello de Dodro celebrou este luns un pleno extraordinario con dous únicos puntos na orde do día, nos que o goberno local, encabezado polo socialista Xabier Castro, conseguiu sacar adiante dúas propostas consideradas clave para os servizos sociais e o desenvolvemento do municipio, a pesar de gobernar en minoría.

O primeiro dos asuntos abordados foi a aprobación do POS Adicional 1/2026 para gastos sociais extraordinarios, que contou co apoio de todos os grupos da corporación agás Xente de Dodro, que votou en contra. Cos votos favorables de PSOE, PP, UVD e BNG, o Concello aprobou destinar estes fondos principalmente á dotación das partidas municipais necesarias para cubrir a achega municipal ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), tanto na modalidade de dependencia como nas atencións de carácter básico, incluíndo as horas xa concedidas.

Desde o equipo de goberno criticouse a postura de Xente de Dodro, ao considerar incomprensible o voto en contra a unha iniciativa “consensuada polo resto da corporación e claramente beneficiosa para o conxunto da veciñanza”.

Aprobada a segunda fase do POS Adicional 4/2025

O segundo punto da sesión foi a aprobación da segunda fase do POS Adicional 4/2025, que saíu adiante cos votos favorables de PSOE e UVD, mentres que BNG e PP optaron pola abstención. Novamente, o grupo Xente de Dodro votou en contra.

Esta partida permitirá acometer diversas actuacións de mellora en infraestruturas municipais, entre as que se inclúen a mellora da Rúa Nova en Bexo, o acceso norte de Pexegueiro, a actuación na Rúa As Barreiras, en Revixós, e a mellora do viario de acceso a Bustelo.

Desde o goberno local lamentan “fondamente” a actitude reiterada de Xente de Dodro, á que acusan de optar polo bloqueo sistemático en lugar de exercer unha oposición construtiva. O executivo municipal asegura que continuará traballando “con responsabilidade e diálogo” para sacar adiante medidas necesarias para Dodro, malia unha oposición que, segundo indican, “antepón intereses partidistas ao benestar do pobo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.