“Dilema” – Xulio Xiz

26 Decembro 2025

Cando hai folga no ensino, pode que haxa quen pregunte polo que a motiva, pero a preocupación que na casa dos alumnos suscita é a de como solucionar a presencia duns rapaces na casa, rompendo o costume habitual.

Na última semana deuse o caso nun instituto de Lugo dun aviso previo, comunicando o centro a existencia da folga, con servizos mínimos, polo que a atención ao alumnado non podería ser a habitual. A comunicación agradécese como aviso a navegantes, máis se a posteriori se comproba que algúns asistentes ás clases pasaron o tempo escolar no patio de recreo, mentres que outros desfrutaron na mesma aula de entretemento a base de proxeccións audiovisuais. Cando algún pai a posteriori xustificou ao centro a falta por causa da folga, o razoamento non lle foi admitido, porque puido ter enviado ao alumno ao centro, suponse que para facer vulto, ou que se notase máis a repercusión da protesta.

Ninguén discute o dereito dun traballador de ir á folga, independentemente de que a repercusión sexa moi diferente segundo o posto de traballo. O que se discute, o que hai que razoar, é a claridade na exposición aos pais do que vai acontecer cos seus fillos, e non lavarse as mans con exemplo non moi claro da conxunción do dereito á folga coa responsabilidade educativa.

O dilema non é ”folga si ou non”, senón simplemente propor, razoar se os fillos deben/poden acudir ou non ás clases. A mesma valentía que supón exercer o dereito de folga hai que aplicala na solución que os afectados poden/deben adoptar. Non é doado o dilema. Pero nada hai doado de decidir nesta vida, e os profesores deben ser os primeiros en solucionar dilemas.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.