Luís Pérez Barral inicia en Corrubedo o ciclo “Parroquias con voz”

04 Decembro 2025

O BNG de Ribeira celebrou este mércores 3 de decembro en Corrubedo a primeira das reunións veciñais incluídas na iniciativa Parroquias con voz, un encontro que contou cunha alta participación e que serviu, en palabras da agrupación, “para establecer un diálogo directo coa veciñanza, explicar o traballo desenvolvido nos últimos dous anos e medio e presentar os proxectos que están en marcha”.

O exalcalde e portavoz municipal do BNG, Luís Pérez Barral, das concelleiras do grupo municipal agradeceu “a magnífica acollida” da reunión e destacou “a importancia de manter estes espazos de proximidade, nos que as veciñas e veciños poden coñecer de primeira man o que se fixo, o que queda encamiñado e tamén expor as súas propias propostas”.

“Corrubedo é un exemplo claro do compromiso do BNG coa mellora das parroquias. Estivemos dous anos e medio centrados en dotar de servizos básicos e en mellorar o día a día da xente. Esta xuntanza demostra que a cidadanía quere participar e que somos unha forza política próxima, transparente e que dá a cara”, afirmou Pérez.

500.000 euros investidos en Corrubedo en dous anos e medio

Durante a súa intervención, Pérez Barral destacou que “o conxunto das obras e melloras executadas en Corrubedo neste período ascenden a 500.000 euros”, unha cifra “de récord” que reflicte “o compromiso real do BNG coa mellora das parroquias e coa atención ás demandas históricas da veciñanza”, sinalou.

Segundo destacou o portavoz nacionalista, estas actuacións supoñen “un antes e un despois na mellora dos servizos esenciais de Corrubedo, atendendo demandas veciñais que levaban anos pendentes”.

Saneamento na rúa Buenos Aires – 45.000€

Pavimentación e ampliación do saneamento na rúa do Colexio – 67.000€

Pavimentación e mellora da rede de pluviais na rúa dos Pozos – 39.000€

Creación de novas beirarrúas no entorno do Faro de Corrubedo – 100.000€

Pavimentación e renovación da rede de auga e saneamento na rúa Canaval – 38.000€

Mellora das pistas de tenis de Saamil – 116.000€

Construción da senda peonil cara a Teira

Proxectos previstos e xa orzamentados

Pérez Barral explicou tamén que o BNG deixou planificados e financiados novos investimentos que continuarán mellorando a parroquia nos vindeiros meses. Entre eles destacou a pavimentación da rúa Buenos Aires, entre Canaval e a travesía Buenos Aires cunha dotación de 92.000€.

“Fixéronnos unha moción de censura a pesar de que a xente estaba contenta cun goberno que funcionaba. Fronte a débeda de 13 millóns de euros que nos deixou o PP, o BNG deixa traballo feito con proxectos redactados e orzamento preparado para seguir mellorando as parroquias”, subliñou.

Un modelo baseado na “transparencia e na escoita activa”

O BNG insistiu en que esta rolda de xuntanzas súmase ao compromiso adquirido durante o goberno municipal: “Manter unha comunicación fluída coa veciñanza, explicar con claridade as actuacións impulsadas e promover unha participación real da veciñanza na toma de decisións”.

“Queremos agradecer de corazón o apoio que estamos recibindo da veciñanza. Estannos dando moito cariño e tamén notamos que se deposita moita confianza no traballo que fixemos e no que queremos seguir facendo. Estas reunións confírmannos que imos polo bo camiño: falando coa xente, escoitando o que realmente importa e traballando con honestidade. Seguiremos así porque saber que contamos co respaldo da veciñanza dálle aínda máis forza ao noso compromiso”, sinalou Pérez Barral.

Próximas citas nas parroquias

As seguintes reunións do ciclo Parroquias con voz celebraranse en Palmeira martes 9 ás 19:30h na casa do mar, Carreira martes 16 de decembro ás 19:30h no centro social e Aguiño mércores 17 ás 19:30h na confraría. As demais xuntanzas realizaranse tralo Nadal e difundidas a través dos canais oficiais do BNG de Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...