As xuntanzas participativas e cidadás do Concello de Noia chegan esta semana a Barro

08 Decembro 2025

O programa de xuntanzas participativas do Concello de Noia, O Goberno Escoita, visita esta semana a parroquia de Santa Cristina de Barro. Será o vindeiro mércores 10 de decembro ás 19:30 h. Contarase coa presenza do alcalde, Francisco Pérez, e mailo equipo de Executivo, que estarán no Local Social de Barro para manter unha nova xuntanza cos veciños e veciñas e escoitar as súas demandas, necesidades e propostas para a actual lexislatura.

As xuntanzas de O Goberno Escoita xa chegaron a Ousoño, Orro, A Barquiña, Boa, Boña e San Paio.

Segundo o Concello, “a participación veciñal é clave para seguir construíndo unha Noia mellor”.

Dende o Executivo local tamén destacan o “bo resultado” e a “gran acollida” que están a ter as xuntanzas de O Goberno Escoita en todas as parroquias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.