“As raias borradas”. Luís Celeiro

07 Decembro 2025

As raias das estradas son brancas ou amarelas, pintadas e, en moitos casos, mal pintadas ou
borradas. Segundo datos aportados pola Dirección Xeral de Estradas, encargada de xestionar a
planificación, o proxecto, construción, conservación e explotación das estradas estatais, a finais do
ano 2024, a Rede de Estradas do Estado tiña unha lonxitude que superaba os vinte e seis mil
quilómetros, cunha circulación media de trece mil vehículos por día. Non sabemos se é moito ou é
pouco. Son os datos que achega o ministerio do ramo, moitos para atender, malos e caros para
coidar.
Autopistas, autovías, estradas convencionais propiedade do Estado, atravesan a xeografía das
comunidades autónomas para ir e volver, sempre con dificultades, con atrancos, con peaxes
custosos, con fochancas a cada paso, e coas raias laterais e centrais pouco visibles, gastadas ou
desgastadas polo tempo e a climatoloxía, pola falla de mantemento, pola escasa inversión na
seguridade que deben ofertar as vías.
Se andas pola provincia de Lugo, andas mal, ás cegas moitas veces, igual que se circulas polas
estradas de Ourense, de Pontevedra ou da Coruña. Será igual, fóra de Galicia? Ao parecer, depende.
Depende de quen o conte e de onde sexa, pero en xeral, mal, as estradas merecen unha man, un
arranxo xeral. Cómpre un ministro que mire por elas. E falando de ministros e de arranxo das
estradas, vén á memoria aquela estupenda e magnífica canción de Jei Noguerol, de principios da
década dos setenta, “señor ministro, por favor, amáñeme a carretera / que máis parece un camiño
no que non se pode andar sequera”.
O amigo Jei exerceu moitos anos a docencia en Barcelona, e agora virá á súa Galicia natal para
cantar a mesma canción, para xuntar a súa voz ás esixencias xustas dun pobo que traballou, traballa
e mais cala. Os operarios que pintaban a mediana da vía que vai de Coruña a Madrid, doáronlle ao
daquela cura do Cebreiro, Elías Valiña, caldeiros de pintura para que marcara coas súas frechas
amarelas o Camiño de Santiago. Hoxe, como di a Tía Manuela, non poderían facelo, “toda a pintura
sería pouca para remarcar as raias borradas”.
Aí estamos, esperando. Pasamos a vida agardando e reiterando o do noso cantautor: Señor ministro,
por favor, amañe e pinte as carreteras, para que a mocidade non morra nelas.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.