Antonio Pérez, o Museo Valle-Inclán e Manuel Olveira, grandes protagonistas dos Premios Barbantia da Cultura 2025

05 Decembro 2025

Os Premios Barbantia da Cultura 2025 xa teñen nomes propios. A Asociación Cultural Barbantia anunciou aos tres galardoados desta edición, que serán homenaxeados na gala do próximo 13 de decembro na Casa da Cultura de Porto do Son.

Premiados Barbantia 2025

Antonio Pérez

Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza 2025
Recoñécese o labor dunha vida dedicada á promoción, estudo ou divulgación da cultura na comarca, converténdose nun referente para o tecido cultural barbanzán.

Museo Valle-Inclán

Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza 2025
O museo é distinguido polo seu papel dinamizador e pola súa contribución constante á preservación e difusión da figura e legado de Valle-Inclán, así como á promoción cultural da comarca.

Manuel Olveira

Premio Barbantia da Cultura Galega 2025
O galardón recoñece a relevancia e proxección dun creador ou xestor cultural galego, destacando neste caso a traxectoria dunha figura de referencia no panorama cultural de Galicia.

A gala, organizada por Barbantia en colaboración co Concello de Porto do Son e La Voz de Galicia, incluirá tamén a presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2025, o VIII Recompilatorio A Voz de Barbantia e o Suplemento Cultural nº 210.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.