Amnistía Internacional Galicia leva a Pobra, Boiro, Vilagarcía e Pontevedra á activista LGTBIQ+ Rosanna Marzán

02 Decembro 2025
A activista LGTBIQ+ Rosanna Marzán

Dende Amnistía Internacional Galicia veñen de organizar a xira de Rosanna Marzán, defensora dos Dereitos Humanos dominicana. Deste xeito, Rosanna visitará varias cidades e vilas galegas a comezos do mes de decembro, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos o vindeiro 10 de decembro.

Máis polo miúdo: Pobra do Caramiñal, Boiro, Vilagarcía e Pontevedra terán a oportunidade de coñecer de primeira man a súa experiencia como activista LGTBIQ+. Rosanna é avogada e educadora social e leva dende o ano 2012 liderando a organización Diversidad Dominicana, adicada a promover os dereitos das persoas do colectivo no seu país e na rexión. O seu enfoque Interseccional e inclusivo foi fundamental para a loita pola igualdade e visibilidade de comunidades vulnerábeis, algo que consegue por medio da loita contra os discursos de odio e a prol da visibilización e desmitificación de mentiras contra as persoas LGTBIQ+. Para isto, dende o ano 2015 acompaña en procesos de litixio no Sistema Interamericano de Dereitos Humanos. En recoñecemento por este traballo, Marzán recibiu en 2019 o Premio Front Line Defenders para Personas Defensoras de los Derechos Humanos en Riesgo. Este galardón, outorgado por primeira vez a 5 activistas LGTBIQ+ de distintas partes do mundo, salientou a súa valentía e compromiso na defensa dos DDHH, aínda asumindo graves ameazas persoais.

Indo á xira galega de Rosanna Marzán:

– 03/12 ás 20h no Auditorio da Biblioteca Municipal de Pobra do Caramiñal. Mesa redonda xunto coa participación de Marisol Guevara (Mulleres en Acción) e Laura Ríos (AC Malas Herbas) e moderada por Toni Alonso (Amnistía Internacional).

– 04/12 dende as 10:30h participación en encontros co alumnado do IES Espiñeira de Boiro (non aberto ao público).

– 04/12 ás 19:30h na Libraría Planeta Mozo (Antiga Follas Novas), Vilagarcía. Parladoiro organizado xunto coa organización O soño de Lilith.

– 05/12 ás 11h na biblioteca da EPAPU Río Lérez de Pontevedra, gravación dun pódcast e encontro co alumnado e organizacións locais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.