Noia vai celebrar o 31 de decembro a súa Carreira de San Silvestre edición 2025, unha tradicional proba deportiva, festiva e solidaria que xa ten aberto o prazo de inscrición (de balde) e que está programada para o mércores 31 a partir das 17.00 horas, con saída e chegada na Alameda. O percorrido será de 3 quilómetros. Haberá recollida solidaria de produtos básicos de alimentación e produtos de Nadal. Tamén, haberá chocolate con churros de balde para todas as persoas doantes. As inscricións pecharanse na mañá do día 30 de decembro. Trátase, en palabras do Concello, “dun evento para toda a familia, para facer deporte, compartir e axudar a quen máis o necesita”. As inscricións están abertas no documento en liña habilitado.




