A Xunta e o Concello de Outes estudan novas vías de colaboración para mellorar a atención ás persoas con discapacidade

03 Decembro 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, mantiveron este mediodía unha reunión en San Caetano para analizar novas posibilidades de colaboración entre ambas administracións co fin de reforzar a atención ás persoas con discapacidade e dependentes do municipio e da comarca.

Durante o encontro, o rexedor outense expuxo as necesidades actuais do concello neste ámbito e salientou a importancia de dotar ao municipio dun centro residencial específico que dea resposta ás demandas das familias da contorna. Francisco Calo presentou á conselleira unha proposta de proxecto para a creación deste novo recurso e subliñou que, ademais de mellorar os servizos asistenciais, permitiría xerar novos postos de traballo na zona.

Pola súa parte, Fabiola García asegurou que o Goberno galego é consciente das necesidades do municipio e comprometeuse a avaliar o proxecto presentado polo Concello de Outes. A conselleira destacou a vontade da Xunta de estudar a súa viabilidade, coa finalidade de seguir mellorando a calidade de vida da veciñanza e ofrecer unha atención especializada e de calidade ás persoas con discapacidade da comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.