A VII Milla/Andaina Solidaria Heroínas de Sálvora recadará fondos a favor de Ágape

22 Decembro 2025

O vindeiro ano comezará en Ribeira cunha cita que une deporte e solidariedade. A VII Milla/Andaina Solidaria Heroínas de Sálvora celebrarase o 4 de xaneiro, con saída do porto de Aguiño, ás 11.00 horas. Este evento destaca o papel de catro mulleres no recate de náufragos durante o afundimento do vapor-correo Santa Isabel na costa de Sálvora na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, de aí a data desta andaina/milla que recada fondos, nesta ocasión, a favor da Asociación Galega para o Acompañamento Persoal e Educativo (Ágape).

O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, sinalou que “recibimos o ano de xeito solidario; a mellor maneira de darlle a benvida ao 2026 ao seguir o espírito destas datas facendo algo polos demais”.

Tamén falaron, Abraham Benítez, promotor da cita, quen destacou a boa acollida ano tras ano; e Ana Arnoso, presidenta de Ágape, quen tivo palabras de agradecemento para estas iniciativas de índole social. Na milla existen un total de 11 categorías, incluída a zapatilla inclusiva, con diferentes distancias a completar pola fachada marítima de Aguiño, mentres que a andaina consta de 5 quilómetros.

As inscricións continúan abertas a través da páxina web www.galitiming.com, ata as 23.59 horas do 1 de xaneiro, por un importe de 5 euros, agás para as carreiras menores.

Haberá, ademais, entrega de trofeos e faranse sorteos de agasallos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.