A Deputación da Coruña recupera a primeira longametraxe documental rodada en Galicia

02 Decembro 2025

A Deputación da Coruña presentou esta tarde no Museo do Pobo Galego a película Un viaje por Galicia, considerada a primeira longametraxe documental do cinema mudo rodada en Galicia e a única da preguerra que se conserva íntegramente.

Dirixida en 1929 por Luis R. Alonso, a obra foi restaurada a partir da copia en celuloide custodiada durante décadas polo Arquivo da Deputación e posteriormente tratada na Filmoteca Nacional para garantir a súa preservación.

Un documento histórico

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que esta película constitúe “unha parte fundamental da nosa memoria colectiva” e subliñou o seu valor histórico e emocional:

“Recuperar esta película é recuperar parte da alma dun país”, afirmou.

Formoso contextualizou a rodaxe nun 1929 marcado polo crack da Bolsa de Nova York, o esgotamento da ditadura de Primo de Rivera en España e a transición de Galicia entre unha sociedade rural e unha modernidade incipiente.

Galicia que se mostra ao mundo

A película foi realizada con motivo da Exposición Iberoamericana de Sevilla, un escaparate no que as provincias españolas buscaban proxectar a súa identidade. A través da cámara de Alonso, Un viaje por Galicia percorre as catro provincias e recolle:

  • Paisaxes costeiras e rurais
  • Cidades en transformación
  • Arquitecturas desaparecidas
  • Escenas de traballo agrícola e mariñeiro
  • Festas populares e vida nos balnearios
  • A comarca de Ferrol, xa destacando na construción naval

Segundo Formoso, estas imaxes conforman “un documento de valor incalculable, no que non vemos só un país antigo, senón o nacemento da Galicia contemporánea”.

Restauración e música en directo

O proceso de restauración permitiu recuperar a textura e montaxe orixinal e incorporar unha nova banda sonora creada por Maximino Zumalave, inspirada en compositores contemporáneos ao filme como Rodríguez Losada ou Andrés Gaos. A música foi interpretada en vivo polo Cuarteto Novecento durante o acto.

Unha presentación con voces expertas

Na presentación participaron tamén Concha Losada, presidenta do Museo do Pobo Galego, e o catedrático da USC José Luis Castro de Paz, quen contextualizou historicamente o filme e subliñou a súa relevancia para entender a Galicia de comezos do século XX.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...