O pasado luns 15 de decembro inaugurouse na Casa da Cultura Outes a exposición De Raíz. Perspectiva do xa pasado. Esta mostra, que se pode visitar durante o Nadal, reúne diversas coleccións de fotografías familiares. As fotografías proceden principalmente da parroquia de San Ourente, concello de Outes.

Tratase dunha exposición que resalta a vida social e a actividade social que se desenvolve neste núcleo e na súa contorna. Conta con imaxes cedidas por diferentes familias mostrando distintos puntos de vista duns anos que fican na memoria do pobo, fotografías que en palabras da Área de Cultural de Outes, “transmiten a luz e a vida dunha sociedade xa desaparecida”.

Pode visitarse ata o 10 de xaneiro no segundo andar da Casa da Cultura de Outes (avenida de San Campio, nº 1, A Serra de Outes).
A mostra foi comisariada por Carmen González Villar.




