O IES Poeta Añón de Outes organiza este luns unha charla divulgativa e de concienciación sobre prevención das adicións ao alcol e a outras drogas. A sesión, dirixida a todas as familias do concello, será este luns 1 de decembro a partir das 19.00 horas, na Casa da Cultura de Outes. A actividade está abeirada ao V Plan Director da Cooperación Galega. Será impartida polo garda civil Jorge Juan García.




