A arte toma Lousame, Rianxo e Noia nun sábado cheo de inauguracións

19 Decembro 2025

Este sábado non é o día de Nadal, pero ben podería parecelo. A cultura galega regálanos unha mañá chea de arte, reflexión e encontro, cunha triple cita expositiva que converte o sábado nun auténtico festín cultural. Tres vilas, tres propostas e unha mesma invitación: escoller onde querer estar.

Ás 11:00 horas, a Casa da Cultura de Lousame acolle a inauguración da exposición “Veiras Manteiga: Obra recente (Contrastes – Vieiros)”, unha mostra que afonda na produción máis actual do artista, marcada polo diálogo entre formas, camiños e contrastes expresivos. O acto contará cunha laudatio a cargo de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, director do Museo do Gravado de Artes.

Xa ao mediodía, ás 12:30 horas, o público poderá optar entre dúas inauguracións simultáneas. No Centro Sociocultural–Auditorio de Rianxo abre as súas portas a exposición “Cousas da vida”, dedicada a Castelao a través do Almanaque Faro de Vigo, pertencente á colección Roberto Taboada Rivadulla. Unha oportunidade única para achegarse ao xenio rianxeiro desde o humor, a crítica social e a memoria gráfica.

Á mesma hora, no Casino do Concello de Noia, inaugúrase “Os trazos da paixón”, unha exposición colectiva que reúne a obra de Alfonso Costa, Soledad Penalta e Isabel Pintado, tres creadoras e creadores cunha traxectoria consolidada que dialogan a través da intensidade do trazo e da emoción artística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.