A Asociación Área Empresarial do Tambre renova o seu compromiso co espírito asociativo, distinguindo ás empresas que fan 25 anos

18 Decembro 2025

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) rendeu este xoves 18 unha homenaxe a catro empresas asentadas no polígono industrial que cumpren vinte e cinco anos como asociadas: AD Grupo Regueira, Gall-Esteril, Grupo Teleco e TVH Parts. O acto celebrouse no salón de actos do Centro Empresarial do Tambre e estivo amenizado polo Grupo de Pandeireteiras da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. A presentación correu a cargo da vicepresidenta da xunta directiva da Asociación, Flor Mariño.

No evento participaron numerosas autoridades, entre elas o presidente da AAET, José Fernández Alborés; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; a directora xeral do Igape da Xunta de Galicia, Covadonga Toca; e a deputada de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente da Deputación da Coruña, Rosa Ana García. Todos eles foron os encargados de facer entrega aos representantes das empresas distinguidas dun diploma acreditativo e dun pequeno agasallo conmemorativo.

Durante a súa intervención, José Fernández Alborés puxo o foco na necesidade urxente de ampliar o solo industrial na área empresarial do Tambre. Advertiu de que a situación actual é “seria”, xa que semanalmente reciben solicitudes de empresas interesadas en instalarse no polígono sen que exista dispoñibilidade de parcelas ou naves. “Ao ritmo que imos, non teremos solo a catro anos vista”, afirmou, facendo referencia aos máis de 400.000 metros cadrados pendentes de desenvolvemento na Sionlla.

O presidente da AAET destacou tamén o esforzo continuo da Asociación por mellorar as infraestruturas e a loxística da área empresarial, con avances significativos en materia de seguridade. Entre eles, a implantación dun sistema de vixilancia con drons e a instalación de 28 cámaras de videovixilancia e dúas cámaras térmicas. “Temos 600 empresas e 9.000 empregos, e o reto para 2026 é chegar aos 10.000 postos de traballo”, subliñou.

Outro dos eixos fundamentais da Asociación é o fomento da inserción laboral a través do Programa Integrado de Emprego de Galicia, financiado pola Consellería de Emprego e o Servizo Público de Emprego Estatal. Na última edición, este programa acadou un 80 % de inserción laboral, con máis do 60 % das persoas participantes traballando na actualidade.

En representación das empresas homenaxeadas tomou a palabra o director do Grupo Teleco, Manuel García Pombo, quen agradeceu o recoñecemento da AAET e quixo dedicar esta distinción aos traballadores e traballadoras. “Este é un recoñecemento que nos fai pensar no rápido que pasa o tempo”, sinalou, lembrando a todas as persoas que formaron parte do camiño das empresas, desde as que estiveron desde o inicio ata as que se foron incorporando co paso dos anos. García Pombo destacou que este premio pertence, en definitiva, á “xente do traballo”, coa que en moitas ocasións se comparte máis tempo que coa propia familia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.