Xurxo Antelo presenta en Outes, na Libraría Social ULA, o seu libro sobre franquismo e vivenda social para pescadores en Galicia

03 Novembro 2025

A Libraría Social ULA, emprazada na rúa da Capela de Outes, acolle este venres 7 de novembro unha nova actividade cultural, literaria e dinamizadora. Trátase da presentación do libro Máis vale fortuna en tierra que bonanza en la mar (Franquismo y vivienda social para pescadores en Galicia). A cita será ás 19.00 horas e contarase coa presenza do co-autor, Xurxo Antelo Alvite, doutorando en Historia Contemporánea e veciño de Outes.

A obra en cuestión, co-escrita con Daniel Lanero Táboas, foi lanzada este ano por Edicións Trea, 2025. Con esta monografía os autores pretenden contribuír ao coñecemento da vivenda social destinada aos mariñeiros galegos durante o franquismo e recuperar e poñer en valor a memoria social e política destes mariñeiros, das súas familias e das súas comunidades a través da reconstrución das súas historias de vida.

Asentada sobre fontes arquivísticas, orais, hemerográficas e fotográficas, a investigación abrangue a ditadura franquista en toda a súa extensión (1936–1975), aínda que se estudan especificamente cinco casos correspondentes ás décadas de 1950, 1960 e 1970, todos dentro da provincia da Coruña. “Os resultados presentados nesta obra supoñen unha achega significativa á cuestión da vivenda mariñeira, a historia da arquitectura e a historia social da pesca, achegando ademais unha nova carga interpretativa procedente, sobre todo, do estudo das actitudes sociais e da historia da vida cotiá durante o franquismo”, explican dende Elcuadernodigital.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.