Un adolescente resulta ferido de dúas coiteladas na Alameda de Santiago

24 Novembro 2025

A Policía Nacional informa de que a investigación está aberta e que a detención do agresor está próxima

Os servizos sanitarios e a Policía Nacional auxiliarón en Santiago de Compostela un mozo adolescente que resultou ferido de dúas coiteladas nas inmediacións da igrexa de Santa Susana, no parque da Alameda, segundo informaron fontes da investigación.

O ataque produciuse tras unha discusión entre dous menores. Presuntamente, a vítima tería increpado ou molestado á moza do agresor, o que derivou nunha lea na que este sacou unha arma branca e asestoulle dúas coiteladas no abdome. Acto seguido, o autor dos feitos fuxiu do lugar.

Segundo as mesmas fontes, o ferido, axudado por varios amigos, desprazouse ata a contorna da estatua das Dúas Marías para pedir axuda. Alí acudiron de inmediato os equipos de emerxencias, que lle prestaron asistencia e o trasladaron ao hospital Clínico de Santiago, onde permanece fóra de perigo.

A Policía Nacional indicou que a investigación continúa aberta e ben encamiñada, e considera moi probable que o agresor, tamén adolescente, sexa detido nas próximas horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.