UCIN Galicia di que o colapso dos bombeiros en Santiago evidencia un problema autonómico

05 Novembro 2025

UCIN Galicia compartiu un comunicado relativo á situación na que vive o Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela, que, segundo lembra a agrupación, “volveu quedar inoperativo por terceira vez en menos dunha semana, con só catro profesionais cubrindo o servizo durante 24 horas para protexer a capital de Galicia”. Para UCIN, esta situación vulnera claramente o Plan de Emerxencia Municipal, aprobado polo propio Concello, que establece un mínimo de 12 bombeiros/as por quenda. “Porén”, engade a agrupación, “a realidade é que apenas un terzo desa cifra estivo operativo, e, de feito, os procedementos internos marcan un mínimo de 9 efectivos, número tamén incumprido”.

“Isto xa non é un problema local, é un problema rexional”, sinala José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia, engadindo que a situación de Santiago é “a punta do iceberg” dun colapso estrutural dos servizos de emerxencias en Galicia. “O que está a pasar en Santiago non é un caso illado, é o reflexo do abandono xeneralizado que sofren os parques de bombeiros en toda Galicia. Hai anos que advertimos desta situación, pero o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mira para outro lado mentres se xoga coa seguridade das persoas”, afirma Calo.

O responsábel de UCIN Galicia denuncia que “o sistema de emerxencias galego funciona baixo mínimos, con persoal esgotado, escaseza de medios e unha coordinación deficiente entre administracións”. E engade: “Non se pode garantir a seguridade cidadá cun servizo colapsado. O Goberno galego
leva anos permitindo que se recorten prazas, que non se cubran baixas e que os parques funcionen sen persoal suficiente. Iso é irresponsable e perigoso”, apunta.

Desde UCIN Galicia denuncian que “a inacción das administracións competentes, tanto o Concello de Santiago como a Xunta de Galicia, está poñendo en risco non só o patrimonio histórico da cidade, senón tamén a vida de miles de persoas. “Non estamos a falar dun problema puntual nin dunha cuestión sindical. Falamos dun fallo estrutural que require unha intervención inmediata da Xunta. O señor Rueda non pode seguir desentendéndose dun servizo esencial”, sinala Calo.

Por iso dende UCIN Galicia reclaman o seguinte:

-A cobertura inmediata de todas as prazas vacantes no Parque de Bombeiros de Santiago.

-A revisión do modelo de coordinación do 112 Galicia.

-Un plan autonómico de reforzo dos parques comarcais e municipais.

-Un compromiso real da Xunta para garantir a seguridade cidadá e laboral dos profesionais de emerxencias.

Outros artigos

Venres 4, calor extrema cos termómetros rozando os 40 graos

Santiago e as Rías Baixas prepáranse para un venres de calor intensa con máximas superiores aos 33 graos A calor farase sentir con forza este venres 4 de setembro, Santa Rosalía, en Compostela e en todo o litoral suroeste de Galicia. Baixo o dominio das altas presións...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.