Rois ratifica o convenio coa consellería para recoller aparellos eléctricos e electrónicos

25 Novembro 2025

A Corporación de Rois aprobou unirse ao convenio marco da Consellería de Medio Ambiente para a recollida de aparellos eléctricos e electrónicos nun pleno que comezou gardando un minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia de xénero, despois de que a concelleira Mercedes Basante anunciara as actividades programadas para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que rematarán a vindeira fin de semana.

No pleno ordinario celebrado este luns 24 de novembro, a Corporación ratificou a resolución da alcaldía pola que Rois se suma ao convenio marco de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e os sistemas de responsabilidade ampliada do produtor de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, para a recollida e reciclaxe destes refugallos.

A preguntas do grupo socialista, o alcalde, Ramón Tojo, indicou que a reciclaxe dos aparatos eléctricos e electrónicos “non vai ter custe para os veciños, e que pode supoñer un aforro importante para as arcas municipais”.

Sinalou que en principio vaise manter o sistema de recollida actual deste tipo de aparellos, que se trasladarán a un local na Peruca antes de que as empresas que participan neste convenio os recollan para a súa reciclaxe. O convenio contempla que o Concello reciba unha compensación económica en función das toneladas de aparatos que se reciclen.

O convenio foi ratificado cos votos a favor do Partido Popular. O grupo socialista abstívose na votación e solicitou copia dos anexos deste convenio con todos os datos.

Na sesión tamén se aprobou por unanimidade a revisión do padrón a 1 de xaneiro de 2025, data na que Rois contaba con 4.358 habitantes.

No apartado de rogos e preguntas, entre outros temas, o PSdeG solicitou que se incluíra nas obras do POS a mellora da estrada de Cornes a Contimundi. O alcalde respondeu que xa estaba incluída a mellora dun tramo desa estrada.

O portavoz socialista, Manuel Regueira, tamén preguntou cando se ía incorporar o pediatra ao centro de saúde de Rois. Ramón Tojo lembrou a reunión que mantiveran el e o alcalde de Dodro co xerente da área sanitaria, na que este se comprometera a cubrir a praza no momento que houbera especialistas dispoñibles. “É un problema complexo, porque non hai pediatras”, lembrou o alcalde.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.