Ribeira convoca unha nova edición do concurso de deseño do cartel e da postal de Nadal

06 Novembro 2025

A Concellería de Cultura de Ribeira lanza unha nova edición do Concurso Escolar de Deseño de Cartel e Postal de Nadal que repartirá 300 euros en premios baixo o formato de vales de compra para trocar no comercio local: unha única distinción de 150 euros por cada modalidade, distribuídos en cadanseus dous bonos de 100 e 50 euros. Os agraciados dispoñen ata o 31 de xaneiro de 2026 para facer o gasto.

“O Nadal é unha época de compartir, de facer comunidade, onde os máis pequenos da casa se converten, sen lugar a dúbidas, nos grandes protagonistas destas datas. Pero máis alá de ser os principais receptores de agasallos, queremos que eles nos obsequien coa súa creatividade sendo quen feliciten as festas ao conxunto da cidadanía de Ribeira. Esta é a motivación dun certame que tamén involucra ás familias e á comunidade educativa. E, ao mesmo tempo, beneficiamos ao noso tecido comercial cos premios. Se ben é algo simbólico dado o volume de vendas propio destas datas, serve tamén para establecer un contacto con potenciais clientes”, sinalou a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Segundo engadiu, poderán participar tódolos nenos e nenas que estean escolarizados nos niveis de infantil e primaria dos centros educativos de Ribeira. A temática a abordar nas súas creacións deberá estar relacionada coa época que se aveciña e só se poderá presentar unha obra en cada modalidade, podendo aplicar calquera técnica pictórica sobre cartolina ríxida ou material semellante, sen texto ningún.

O prazo de recepción das obras abrangue dende o 7 ao 24 de novembro; entrega que deberá formalizarse no Centro Cultural Lustres Rivas, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

A decisión sobre os recoñecementos recaerá nun xurado composto por tres persoas vinculadas á cultura e pola concelleira desta área ou a persoa en quen delegue.

Método de entrega dos traballos

Para garantir o anonimato, asinarase con pseudónimo na parte traseira de cada traballo; pseudónimo que se deberá empregar tamén no exterior do sobre pechado que acompañará a obra a entregar. Así mesmo, no exterior dese sobre deberán figurar a idade do concursante, mentres que o seu interior deberá contar cos seguintes datos: nome e apelidos da nena ou neno, modalidade de participación (cartel ou postal), data de nacemento, curso e centro de ensino, lugar de residencia e teléfono de contacto dos seus proxenitores ou titores legais.

En caso de que as obras presentadas a concurso sexan entregadas no seu conxunto polo centro educativo, deberase presentar un sobre pechado cos datos indicados e pegado detrás de cada obra ou, no seu defecto, un único sobre pechado que no seu interior conteña unha listaxe de participantes coa información xa referida.

As bases completas poderán ser consultadas na páxina web municipal www.ribeira.gal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.