Rexístrase un sismo de magnitude 3.3 con epicentro en Silleda

08 Novembro 2025

O Instituto Xeográfico Nacional informou esta mañá da rexistración dun sismo de magnitude 3.3 con epicentro no municipio pontevedrés de Silleda. O tremor rexistrouse a 5 quilómetros de profundidade.

Segundo os datos facilitados, o tremor produciuse arredor das 9:30 horas, e foi perceptible nalgúns puntos da contorna, especialmente no concello veciño da Estrada, desde onde un particular notificou o movemento ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112 Galicia).

A pesar de que o sismo foi sentido por parte da poboación, non se rexistraron danos materiais nin persoais.

Os técnicos lembran que este tipo de movementos son habituais na zona e, aínda que adoitan ter baixa intensidade, o seu seguimento permite manter actualizada a vixilancia sísmica en Galicia.

I.G.N.

Outros artigos

Mércores 9, volve o sol e suben as temperaturas

O regreso do anticiclón deixará ceos despexados e máximas en ascenso nas Rías Baixas e en Santiago este mércores A influencia das altas presións volta a instalarse sobre Galicia este mércores cunha marcada circulación de ventos do nordés, un escenario que garantirá...

+

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

+

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.