Raquel Romarís presenta en Noia este domingo o seu libro “Madre de lunas y cunas”

11 Novembro 2025

O domingo 16 de novembro ás 12:00 h a vila de Noia vai vivir unha xornada de viaxes poéticas da man da poeta afincada na vila noiesa, Raquel Romarís, que presenta o seu segundo libro: Madre de lunas y cunas. (Latidos compartidos).

Haberá exemplares á venda, e os 20 primeiros recibirán un “latexo compartido” de agasallo, segundo confirmou o Concello, engadindo que con este novo poemario a autora convídanos a reflexionar sobre as maternidades invisíbeis e sobre a decisión de non ser nai, o acollemento familiar, a maternidade LGTBQ+, a renuncia, o loito, o síndrome do niño baleiro…

Ao longo das páxinas da obra, a autora (presente en diversas antoloxías poéticas internacionais) realiza unha reflexión sobre a idea das múltiples maternidades.

Nota: rógase asistir sen colonia nin produtos con fragrancia, por motivos de saúde da autora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...