Porto do Son remata as obras de mellora na estrada Campo de Patas, na parroquia de San Pedro de Muro

18 Novembro 2025

O Concello de Porto do Son continúa coa súa firme aposta por renovar e optimizar a rede viaria do municipio. Así, recentemente rematou as obras de mellora da estrada Campo de Patas, na parroquia de San Pedro de Muro.

A actuación, que ten un investimento total de 73.465 euros, conta co financiamento de 57.947 euros a cargo da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), tendo unha achega de 15.518 euros de fondos propios municipais.

A intervención, que ten o obxectivo de “rehabilitar e mellorar o firme da vía existente”, garante tamén “unha maior seguridade viaria, comodidade na circulación e durabilidade da infraestrutura”, informou o Concello, engadindo que esta obra “responde directamente ás solicitudes da veciñanza da zona, quen manifestara a necesidade de reparar o firme debido a fochancas, gretas e perda de adherencia”.

Co remate destas obras, o Concello de Porto do Son reafirma o seu “compromiso co mantemento e a modernización da rede viaria municipal, contribuíndo a mellorar a mobilidade da veciñanza, a seguridade nas súas viaxes diarias e a conexión entre os distintos núcleos de poboación do municipio”.

Tras a actuación, o alcalde, Luis Oujo, indicou que “con esta actuación continuamos dando resposta ás demandas veciñais e seguimos traballando a diario para mellorar as infraestruturas da nosa vila”.

“Desde este equipo de goberno continuamos coa firme aposta por seguir mellorando a nosa rede viaria, buscando manter o bo estado dos accesos rurais, facilitando a mobilidade dos nosos veciños e veciñas e contribuíndo ao desenvolvemento rural”, rematou.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...