Porto do Son embárcase nun proxecto para favorecer a inserción laboral da poboación migrante no sector pesqueiro

07 Novembro 2025

O Concello de Porto do Son vén de adherirse ao programa Migramar Proemprego, posto en marcha pola ONG Movemento pola Paz – Galicia, para promover a inserción laboral da poboación inmigrante no sector pesqueiro.

Así, da man de Movemento pola Paz, o pasado mércores, 5 de novembro, levouse a cabo unha reunión cos representantes da entidade para coñecer o proxecto piloto Migramar Proemprego, do que forma parte o municipio sonense, e que ten a pretensión de garantir o relevo xeracional no sector.

A dita reunión asistiron as dúas traballadoras sociais do concello e o concelleiro de Deportes e Xuventude, Carlos Lorenzo xunto á representante da ONG, Susana Fernández Delegada e a técnica laboral, Beatriz García.

O programa, de carácter gratuíto, ten como obxectivo principal a regularización da situación das persoas inmigrantes de cara ao seu emprego no sector pesqueiro.

A través de accións de orientación xurídico-laboral e formativas, as persoas participantes poderán adquirir as competencias idiomáticas e dixitais básicas para un correcto desenvolvemento no sector con plena autonomía. Ademais, poderán obter tamén as titulacións oficiais necesarias para a súa inserción laboral no sector pesqueiro.

O colectivo prioritario de atención será o de poboación inmigrante, menores de 30 anos, procedentes de países da costa do norte de África e con algún tipo de experiencia previa no mundo da pesca.

Segundo a previsión establecida, o proxecto poñerase en marcha a comezos do ano 2026 coa capacitación dixital e a formación en idiomas para, a continuación, comezar coa formación profesional habilitante para o sector.

Nos vindeiros días comezará a facerse a selección das persoas participantes. Aquelas persoas interesadas en participar ou en obter máis información, poderán contactar coa área de Benestar Social do Concello de Porto do Son a través teléfono 981 8674 14.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...