Porto do Son acolle a terceira edición da súa Campaña de Recollida Solidaria

13 Novembro 2025

Dende o 10 ao 29 de novembro, todas as persoas que o desexen poderán acudir á recepción da Piscina Municipal de Porto do Son para colaborar nesta iniciativa entregando produtos de hixiene, aseo e limpeza.

O municipio de Porto do Son volve unir deporte e solidariedade coa celebración da III Campaña de Recollida Solidaria, unha iniciativa que busca apoiar o labor da Cruz Vermella de Noia e fomentar a participación cidadá a través da actividade física.

Entre o 10 e o 29 de novembro, a veciñanza poderá colaborar entregando produtos de hixiene, aseo e limpeza na recepción da Piscina Municipal de Porto do Son. Todo o material recollido será destinado ás familias máis necesitadas da comarca.

Como colofón da campaña, o 29 de novembro ás 17:00 horas celebrarase a tradicional competición de natación solidaria, na que equipos masculinos, femininos e mixtos —desde a categoría infantil ata máster— deberán completar 10.000 metros. A proba, coñecida como 100×100 Solidario, converterá a piscina municipal no epicentro dunha xornada de deporte, convivencia e compromiso social.

As persoas interesadas en participar ou obter máis información poden contactar coa Concellería de Deportes no teléfono 981 76 75 89 ou no correo deportesdoson@gmail.com. Tamén se ofrece atención no C.D. Piscina Municipal de Porto do Son a través do teléfono 604 051 189.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...