Padrón opta ao premio Pobo Máxico de España 2026

06 Novembro 2025

Recoñecer aos concellos que salientan pola súa contribución ao desenvolvemento rural, a conservación do patrimonio, a promoción da cultura local e a valorización dos seus recursos naturais é o obxectivo da distinción Pobo Máxico de España 2026, ao que Padrón aspira por primeira vez. Engadir que o municipio pertencente á comarca do Sar comparte candidatura con: A Pobra de Trives, Cambados, Combarro, Larouco, O Vicedo, Portomarín e Ribadavia.

Sinalar que o proceso de votación permanece aberto até o 10 de novembro ás 23:59 horas e permite emitir até tres votos diarios por persoa usuaria a través da aplicación móbil ou da web oficial de Pueblos Mágicos de España. O municipio máis votado en cada comunidade autónoma recibirá o trofeo que o acredita como Pobo Máxico 2026 durante a feira internacional FITUR.

Asemade, entre todas as persoas participantes sortearanse dez exemplares da guía de viaxes 18 Rutas Mágicas por España.

O Concello de Padrón agradece o apoio de entidades e persoas que xa se están implicando na difusión da candidatura. Entre elas destaca o Concello de Arjonilla, que anima a votar polo seu pobo irmán de Padrón. Desde o Concello animan a toda a veciñanza, asociacións e colectivos a amosar o seu apoio e contribuír a que Padrón obteña este recoñecemento, que serviría para seguir impulsando o turismo, o patrimonio e a cultura do municipio.

Por último, dicir que Padrón forma parte da rede de Pueblos Mágicos de España dende novembro de 2024, e é a primeira localidade da provincia da Coruña en acadar esta distinción. O recoñecemento, impulsado polo Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais (IDL), pon en valor a singularidade das vilas con patrimonio cultural, natural e gastronómico de especial

interese.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.