Padrón celebrará o 25N con actividades culturais, educativas e de sensibilización

14 Novembro 2025

O Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, pon en marcha un programa de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, co obxectivo de “sensibilizar á cidadanía, promover a igualdade e contribuír á erradicación de todas as formas de violencia machista”.

Baixo o lema Corta cos roles que matan, corta coa violencia, a programación inclúe accións culturais, educativas e de participación social que se desenvolverán entre o 14 e o 28 de novembro.

Coma en edicións anteriores, os traballos do estudantado dos centros educativos que participou no V Certame de Debuxos exporanse entre o 14 e o 28 de novembro nos escaparates de comercios, bares e establecementos de restauración de Padrón, mostrando así o compromiso da comunidade educativa e do tecido empresarial coa igualdade.

Este luns 17 de novembro procederase ao alumeado de cor lila dos monumentos máis emblemáticos do municipio, como símbolo da loita contra a violencia machista e do apoio ás vítimas.

Unha das propostas máis singulares será a actividade Latexos de Son Violeta programada para o 25 de novembro ás 19.00 h no hall do Auditorio Municipal. Impartido por Ana Vidal, trátase dun encontro de mulleres para conectar corpo e mente a través do son, a relaxación e a calma compartida. A participación é gratuíta, con inscrición previa ata o 24 de novembro no teléfono 611 003 472 ou no correo cim@padron.gal.

O venres 28 de novembro celebrarase o acto central da programación cunha homenaxe ás vítimas na Praza da Igualdade a partir das 17.30 h. A continuación, no Auditorio Municipal, terá lugar a representación teatral da obra Golpes, da compañía Antena, e a lectura do manifesto a cargo da concelleira de Muller e Igualdade, Mariló Saco. Nese mesmo acto entregaranse os premios ás persoas gañadoras do V Certame de Debuxos.

Este programa está financiado polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.