Os concellos de Boiro e Noia solicitan á Deputación da Coruña a ampliación do programa Merca na Vila

18 Novembro 2025

Os alcaldes de Boiro, José Ramón Romero, e de Noia, Francisco Pérez, solicitan á Deputación da Coruña a ampliación do programa de dinamización comercial Merca na Vila, dispoñíbel na Rede a través da plataforma Mercanavila.gal.

Explicaron que esta iniciativa, dotada con 6 millóns de euros, dirixida a fortalecer o pequeno comercio nos municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes, “está a ser todo un éxito, por iso os comerciantes demandan a ampliación da mesma mentres exista crédito dispoñíbel”.

“Grazas a estes bonos estanse a rexistrar numerosas compras que redundan na actividade e dinamismo comercial e, en definitiva, na promoción económica das nosas vilas”, recoñeceu o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, ao que o rexedor noiés Francisco Pérez, engadiu que “é por iso que esta mañá solicitamos conxuntamente á Deputación provincial que amplíe o programa de incentivos mais alá do 20 de novembro”.

Merca na Vila permite ás persoas consumidoras acceder ata a 100 euros en descontos directos, de aplicación nos establecementos adheridos, que varían entre os 5 e os 15 euros por compra, dependendo do importe da mesma.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.