Once empresas achegan máis de 21.000 euros para ampliar o alumeado de Nadal en Padrón

27 Novembro 2025

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, recibiron este xoves na casa consistorial representantes das once empresas que este ano achegan máis de 21.000 euros para financiar o alumeado de Nadal. Grazas a esta colaboración público-privada, o Concello poderá incrementar os espazos iluminados tanto no casco urbano como na zona rural, incorporando novos conxuntos decorativos e mellorando a intensidade luminosa en todo o municipio.

As empresas participantes nesta iniciativa son Cortizo, Hotel Scala, Finsa, Grúas Estación, Elatisnor, Mármoles Orosa, Élite, Codega, Jardimaq, Tecven e Construcciones Sobrerrivas.

“Unha vez máis vemos como a colaboración público-privada beneficia a toda a cidadanía”, destacou o alcalde, quen agradeceu a disposición das firmas locais a “botar unha man” e contribuír a que “Padrón volva ser un punto de referencia do Nadal en Galicia”. Pola súa banda, a concelleira Chus Campos puxo en valor a implicación de empresas referentes no municipio para impulsar o comercio e a hostalaría local mediante unha iluminación máis ampla e atractiva.

Tras unha recepción institucional e a tradicional foto de familia no salón de Plenos, os representantes municipais e empresariais desprazáronse ata a rotonda da N-550, próxima ao Hotel Scala, onde se sitúa o cartel de benvida “Bo Nadal Padrón”.

Acendido das luces, o domingo ás 18.00 horas

O acendido do alumeado de Nadal terá lugar finalmente o domingo 30 de novembro a partir das 18.00 horas, logo de que o Concello decidise adiar o evento debido ás previsións de choiva para o sábado. A actuación da Mekanika Rolling Band, encargada de animar as rúas do casco histórico, tamén se celebrará o domingo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.