“O vinte de novembro”. Luís Celeiro

24 Novembro 2025

Moitos dos que agora son vellos ou están metidos e comprometidos coas viaxes do Imserso,
lembran como aquel vinte de novembro de 1975, os quioscos das cidades marcaban o loito e a
tristeza dos que mandaban e querían seguir mandando. As portadas e contraportadas de tódolos
xornais eran de cor negra, como se a morte de Francisco Franco Baamonde puidera escurecer as
rúas e os cruces das cidades. A moitos gustaríalles escurecelo todo, deixar máis opacidade e
incerteza da que había.
Os estudantes universitarios, pola contra, aquela mañanciña repousaron felices, na cantina da
facultade, moitos deles co que se bebía daquela, un `sol e sombra´ e outro ou un par deles máis.
Empezaba unha era nova, morrera o ditador e procedía reforzar os medios que achegaran a
democracia, que aclarasen a escuridade daqueles xornais tinguidos de lamentos e de negro.
Hai quen pensa que escolleron o día vinte para que coincidira co cabodano de José Antonio Primo de
Rivera. Quen sabe, pode ser esa a razón ou pode ser calquera outra. A sociedade estaba farta de
esperar e, aquel mesmo día, as rúas ateigáronse de xentío. A mocidade esperta estaba farta e
festexaba educadamente o falecemento.
En Galicia, ao longo de todos estes anos (ata o seu pasamento en 2023), Senén Pousa, alcalde de
Beade (Ourense) era como o encargado de preservar a memoria de Franco. Unha misa anunciada no
xornal, uns abrazos e un xantar, cada ano, polo vinte de novembro. “Eu teño as miñas ideas e os
meus principios e non cambio por nada”, dicía. “Veño do franquismo, pero son un demócrata”,
engadía Senén Pousa, laiándose daqueles que eran franquistas como el e agora son socialistas “de
toda a vida”.
Cincuenta anos son suficientes para que a maioría da mocidade non saiba, nin recorde a aquel
ditador rodeado de subordinados adulóns, que medraban ao seu carón. Nas escolas e nas
universidades ninguén se lembra daquel home, daquel mandatario, servidor dos seus. Hoxe vén a
esta sección pola proximidade do vinte de novembro e por outro detalle que, antes de acabar,
vamos contar.
A mestra pregunta, na súa clase de sociais, se sabían quen era Franco e unha alumna di, “era o avó
de Carmen Rossi”, “ao que o goberno vén de facerlle unha homenaxe”, asevera o compañeiro de
pupitre. “Aí queda iso”, di a Tía Manuela.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...