O PP pide ao Goberno da Deputación que estenda os beneficios de MercaNaVila aos comercios dos concellos grandes

10 Novembro 2025

O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña reclamou no último pleno a necesidade de “reflexionar” sobre as bases e as condicións do programa Merca Na Vila (Mercanavila.gal) posto en marcha polo Goberno provincial, e que ten como obxectivo impulsar o pequeno comercio e a economía das vilas de menos de 20.000 habitantes

“Non estamos en contra desta iniciativa, pero si nos chama a atención que a información e a posibilidade de descargar o bono dun programa destinado a promover as compras en municipios de menos de 20.000 habitantes chegue a veciños de toda a provincia”, apuntou o voceiro popular Evaristo Ben.

Desde o grupo do Partido Popular aseguran que se pode dar o “paradoxo” de que os veciños que viven en lugares de máis de 20.000 habitantes poden comprar en comercios de municipios de menos de 20.000 habitantes, pero os comercios de lugares máis de 20.000 habitantes non poden sumarse a esta iniciativa.

“Entenderiamos o programa se o circunscribimos a municipios de menos de 20.000 habitantes, que é onde debe centrar os seus esforzos a Deputación. Agora, se abrimos a posibilidade de que todos os cidadáns da provincia poidan acollerse a este bono, non entendemos por que non se poden beneficiar os pequenos comercios de municipios de máis de 20.000 habitantes”, apuntou Ben.

Para explicar mellor o problema, o voceiro popular puxo como exemplo “que un veciño de Carballo pode ir a Coristanco a comprar, pero un pequeno comercio da periferia de Carballo, con dificultades económicas, non pode acollerse a esta iniciativa”.

“Cremos que esta situación que se produce merece unha reflexión por parte de todos para buscar unha solución. Se é por unha cuestión económica, soluciónase de maneira sinxela dotando o programa con máis fondos”, afirmou Ben, quen defendeu que os pequenos comercios en dificultades de lugares de máis de 20.000 non poden quedar excluídos deste programa.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.