O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convida a unha visita gratuíta á Comunidade de Montes de Zobra

20 Novembro 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha nova visita a iniciativas de referencia. Nesta ocasión visitarase a Comunidade de Montes de Zobra (Lalín) este sábado 29 de novembro, nunha actividade coordinada polo Concello de Rianxo.

A actividade forma parte do ciclo de visitas formativas a proxectos de referencia na xestión forestal en Galicia, desenvolvido no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. A iniciativa, dirixida a comunidades de montes, persoas emprendedoras e veciñanza interesada, busca achegar experiencias inspiradoras de aproveitamento multifuncional do monte galego e reforzar a transición cara a modelos forestais e agrogandeiros máis sostíbeis, xerando coñecemento práctico directamente aplicábel ao territorio.

Visita á Comunidade de Montes de Zobra (Lalín)

A CMVMC de Zobra, situada no concello de Lalín na Serra do Candán e integrada na Rede Natura 2000, é un exemplo destacado de activismo comunitario e preservación ambiental. O seu modelo multifuncional combina conservación do patrimonio natural e cultural co desenvolvemento
económico ligado ao territorio. A comunidade destaca pola súa aposta pola produción de mel e a recuperación das alvarizas tradicionais, pola gandería extensiva con razas autóctonas como a cachena e pola posta en valor do patrimonio e da paisaxe mediante rutas e recursos culturais.

A actividade é gratuita, con saída ás 09:00 h desde a Praza do Concello de Rianxo e ás 9:30h dende Santiago de Compostela con regreso previsto ás 15:00 h. As persoas interesadas deben inscribirse cubrindo o formulario.

Laboratorio Ecosocial do Barbanza

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Coordinado pola Fundación RIA, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto dedicado a promover a transición cara á sustentabilidade ambiental e a fortalecer a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.