O DiverNadal de Rois abre o prazo de inscrición ata o 21 de novembro

19 Novembro 2025

O Concello de Rois pon en marcha unha nova edición do programa de conciliación DiverNadal, que se desenvolverá entre o 22 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026 cubrindo todas as vacacións escolares. A gran novidade deste ano é o pagamento por días, o que permitirá que as familias fagan uso do servizo naquelas xornadas no que o necesiten, informou o Concello, engadindo que coma en anos anteriores, Divernadal desenvolverase en Rois e Urdilde e está dirixida a nenos e nenas escolarizados/as a partir de 4º de educación infantil. O programa ofrece un horario principal de 9.30 a 14.30 horas e un servizo de Amencer de 7.30 a 9.30 horas para aquelas familias que precisen ampliala.

O período de inscrición estará aberto ata o mércores 10 de decembro. Para inscribirse é necesario cubrir o formulario dixital dispoñíbel na páxina web municipal no apartado Xestións e trámites (formulario de trámites de Divernadal 2025).

As prazas son limitadas e terán preferencia os menores empadroados en Rois, así como aqueles cuxas familias acrediten necesidades de conciliación por motivos laborais, formativos, de discapacidade, coidados de persoas dependentes ou participación en procesos selectivos. Tamén terán prioridade as familias usuarias dos Servizos Sociais municipais, previo informe técnico.

Os prezos establécense segundo a ordenanza reguladora vixente: 6 €/día para o horario de 9.30 a 14.30 horas e 6,50 €/día para o horario ampliado de 7.30 a 14.30 horas. O cálculo final realizarase en función do número de días de uso. O programa contempla bonificacións do 15% para a matrícula dun segundo irmán ou irmá, para familias numerosas, monoparentais ou con algún membro familiar en 1º grao cun grao de discapacidade superior ao 33%, así como para aquelas que se inscriban en todos os días ofertados. As bonificacións non son acumulables.

O programa DiveNadal, co que Rois reforza o seu compromiso coa conciliación e o apoio ás familias do municipio, conta co apoio do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.