O Concello e a Coral Polifónica presentan a LXVIII Semana Musical de Noia

17 Novembro 2025

A vila de Noia acolle unha nova edición da súa tradicional Semana Musical, que este ano alcanza xa a súa XLVIII edición e que se celebrará os días 21, 22 e 23 de novembro de 2025 na Igrexa de San Martiño. O programa foi presentado nun acto no que participaron membros da Coral Polifónica de Noia, coa presenza da súa presidenta, Marina Contreras, e da concelleira de Cultura, Chelo Martínez.

Durante a súa intervención, Marina Contreras fixo un breve repaso pola programación, destacando “a presenza de dúas corais galegas que se trasladarán ata Noia para compartir connosco esta celebración musical”. Ademais, subliñou a súa satisfacción pola participación do dúo noiés Dúo Naan, “un orgullo para a nosa vila e un exemplo do talento local que queremos seguir apoiando”. Contreras avanzou tamén que “esta edición virá acompañada dalgunhas sorpresas que iremos desvelando, e que agardamos que o público reciba con entusiasmo”.

Pola súa banda, Chelo Martínez, concelleira de Cultura, salientou a importancia desta actividade para Noia, “unha cita xa imprescindíbel no noso calendario cultural que reúne aos noieses e noiesas arredor dunha tradición que se gañou, por mérito propio, un lugar especial no corazón da nosa vila”. Martínez destacou que a Semana Musical “é unha maneira de coidar aquilo que forma parte da nosa identidade colectiva: a música compartida, o esforzo das nosas agrupacións e a emoción de celebrar o que somos como comunidade”.

A concelleira agradeceu especialmente á Coral Polifónica de Noia “o seu traballo e dedicación na organización desta nova edición, así como á colaboración de todas as persoas e colectivos implicados, que fan realidade manter viva esta tradición tan querida”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.