O Concello do Son remata as obras de saneamento e abastecemento no núcleo da Mótega

04 Novembro 2025

O Concello de Porto do Son rematou recentemente as obras de saneamento e abastecemento no núcleo da Mótega. A actuación, que ten un investimento total de 169.400 euros, conta co financiamento de 165.523 euros a cargo do POS+2024 da Deputación da Coruña, tendo unha achega de 3.576 euros de fondos propios municipais.

Os traballos contemplaron tamén a ampliación da rede de abastecemento existente no lugar da Silva, instalando unha tubaxe nunha gabia compartida coa condución de saneamento, para poder dotar de servizo de auga potable ao lugar da Mótega.

Con esta actuación dotouse ao saneamento da Mótega dun novo colector, conectando á rede existente no lugar de Freixedo, evitando así a execución de bombeos que dificultaban e encarecían a explotación e mantemento do sistema de recollida de augas fluviais. Tras a obra, executouse tamén a reposición dos servizos e pavimentos na zona.

A intervención de abastecemento consistiu na instalación dunha nova tubaxe, en gabia compartida, para dotar deste servizo ás vivendas que carecían do mesmo. A nova tubaxe conectouse á distribución xeral, que actualmente conecta os depósitos da Silva e Portosín. A nova condución de 793 m de lonxitude total está formada por unha tubaxe de polietileno de alta densidade.

Tras a actuación, o alcalde, Luis Oujo, indicou “trátase dunha obra que da resposta ás demandas veciñais e que permite rexenerar as condicións dun servizo básico, como é o do saneamento. A nosa intención é continuar renovando este servizo, co firme obxectivo de seguir mellorando as condicións de vida da nosa veciñanza e reducindo ademais o impacto medioambiental”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...