O Concello do Son aposta pola sustentabilidade coa substitución dos termos eléctricos por biomasa no Polideportivo de Santa Irene

14 Novembro 2025

O Concello de Porto vén de instalar unha nova caldeira de biomasa no Polideportivo Santa Irene. Con esta actuación, informou o Concello, “reforzamos o noso compromiso coa eficiencia enerxética, o respecto polo medio ambiente e apostando pola sustentabilidade”.

Explicou o Goberno local que “esta nova infraestrutura garante un sistema de calefacción máis sostíbel, económico e adaptado ás necesidades do centro deportivo, mellorando o confort das persoas usuarias durante todo o ano”.

Este proxecto, que conta cun investimento de 59.842 euros, está financiado pola Xunta de Galicia a cargo do Fondo de Cooperación Local.

O obxectivo das actuacións foron a substitución do sistema de xeración de calor actual, que utiliza termos eléctricos para a xeración de ACS para consumo nas duchas dos vestiarios, por unha caldeira máis eficiente e que utiliza como combustible biomasa (pellet).

A nova caldeira, que conta silo de combustíbel e depósito de inercia, está instalada nunha sala nova, no interior do pavillón, conectándose a un depósito de inercia de 1500 L con produción instantánea de ACS.

Ademais, levouse a cabo a instalación dun circuíto de calefacción que alimentará tres fancoils na zona da pista co obxectivo de evitar condensacións nas épocas máis frías e húmidas do ano.

Tras a actuación, o alcalde, Luis Oujo, indicou “esta actuación permite optimizar as condicións dun recinto imprescindible”, así como destacou “que este é outro exemplo máis da firme aposta do Concello de Porto do Son pola eficiencia enerxética e polo respecto do medio ambiente”.

“Con esta nova instalación promovemos o aforro enerxético municipal, dinamizamos o desenvolvemento urbano respectuoso co medio ambiente, á vez que contribuímos á redución de emisión de dióxido de carbono”, engadiu o rexedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.