O Concello de Ribeira saca a licitación a mellora da avenida de Bos Aires, en Corrubedo, por 92.914,10 euros

12 Novembro 2025

A principal vía de acceso á vila de Corrubedo, a avenida de Bos Aires, verase mellorada coa renovación do firme, polo que o Concello de Ribeira saca a licitación esta intervención que se focaliza no tramo comprendido entre a rúa do Canaval e a travesía de Bos Aires.

Os traballos consistirán no fresado do actual pavimento e na aplicación de aglomerado asfáltico en quente de 6 cm de espesor, nunha superficie de 4.068,50 metros cadrados. Finalmente procederase co pintado da sinalización horizontal. O prazo de execución das obras será de dous meses. Deste xeito, mellorarase a seguridade viaria na zona.

Enmarcada no POS+2025, esta actuación conta cun orzamento de licitación de 92.914,10 euros, IVE incluído. As empresas dispoñen ata as 23.59 horas do 27 de novembro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.