O Concello de Ribeira ampliará o saneamento no lugar de Muíños, en Oleiros

13 Novembro 2025

A rede de saneamento do lugar de Muíños (Oleiros, Ribeira) completarase en próximas datas. Para a súa materialización, o Concello de Ribeira sacou a licitación esta actuación coa que se busca seguir mellorando nas prestacións de servizos básicos ao rural.

Esta intervención dá continuidade á executada no 2023 coa instalación da rede de saneamento con pozo de bombeo en dito lugar da parroquia de Oleiros, que incluíu a colocación de colectores de saneamento nas vías xerais e a implantación dun pozo de bombeo en Portochouzo, se ben non estaba contemplado o saneamento nas vías secundarias. En consecuencia, este proxecto “busca dotar deste servizo básico aos catro ramais do lugar dos Muíños para ofrecer unha prestación integral”, sinalou o Concello.

Para tal fin, demolerase o pavimento existente e colocarase a tubaxe ao longo de 421 metros, ademais de 12 pozos de rexistro, para rematar coa reposición do firme con mestura bituminosa en quente de 6 cm de espesor; uns traballos que se estenderán tres meses.

O orzamento de licitación é de 84.499,53 euros, IVE incluído, con cargo ao POS+2025. As ofertas presentaranse a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) antes das 23.59 horas do 27 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.