O Concello de Ribeira adxudica o contrato de servizos da Escola Infantil Municipal

19 Novembro 2025

O Concello de Ribeira informou da adxudicación do contrato de servizos da Escola Infantil Municipal. A finalidade é dar atención a nenos e nenas de 0 a 3 anos e que poidan ser atendidos, coidados e educados en contextos de calidade, nos que se responda ás súas necesidades, se respecten os seus dereitos, crezan seguros e integrados nas súas comunidades e nos que sexan axudados a desenvolver tódalas súas capacidades. Este servizo público responde tamén ás necesidades das familias, contribuíndo á conciliación da vida laboral e persoal.

Actualmente conta con 128 nenos matriculados.

O orzamento máximo de licitación situouse nos 691.694,49 euros anuais, exento de IVE, cun prazo de vixencia de 33 meses e un valor estimado de 2.495.344,21 euros. A única empresa que concorreu ao proceso foi Aurora, Pilar y Ana S.L., para o cal se valorou o proxecto educativo e de xestión, resultando adxudicataria por un importe de 657.000 euros anuais, exento de IVE, cunha vixencia de 33 meses. É dicir, o contrato final ascende a 1.806.750 euros, financiados con fondos propios e subvención da Consellería de Política Social e Xuventude.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.