O Concello de Ribeira achega un obradoiro de ciberseguridade con vistas a axudar á cidadanía nas súas compras de Nadal

15 Novembro 2025

A Concellería de Innovación e Novas Tecnoloxías de Ribeira que convidar este ano a pasar “un Nadal ciberseguro” cun obradoiro programado para o 21 de novembro na Aula CeMIT de Ribeira, en horario de 12.00 a 13.30 horas. Trátase dunha acción formativa de balde aberta a toda a cidadanía que informará sobre boas prácticas nas compras en liña, evitando os fraudes, as páxinas web enganosas ou as falsas ofertas.

O edil Álex Vidal explica que esta “é o primeiro curso dunha programación focalizada na época do Nadal que presentaremos á cidadanía en vindeiras datas. Empezamos coa ciberseguridade porque moitas persoas comezan a facer as compras do Nadal no mes de novembro e, ademais, está próximo o Black Friday. É unha época con moito volume de vendas non só nas tendas físicas, senón tamén nas plataformas dixitais. Pretendemos, polo tanto, que os veciños e veciñas que opten por comprar online teñan información para facelo de maneira segura, evitando que caian en estafas e outros riscos que pode levar aparellado Internet. Porque en ciberseguridade, cada clic conta.”

As persoas interesadas poden anotarse na propia Aula CeMIT, no teléfono de contacto 981 876 043 ou no enderezo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.