O Concello de Rianxo organiza visitas a proxectos de referencia en xestión forestal sostíbel co apoio do Laboratorio Ecosocial

03 Novembro 2025


O Concello de Rianxo pon en marcha un programa de visitas formativas a proxectos de referencia en Galicia no ámbito da xestión forestal sostíbel, no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. A iniciativa, dirixida a comunidades de montes, persoas emprendedoras e veciñanza interesada, busca achegar experiencias inspiradoras sobre o aproveitamento multifuncional do monte galego.

A primeira saída será o sábado 8 de novembro, con visitas a dous espazos exemplares:

⎯ Monte Demostrativo do Pico Sacro (Boqueixón). Espazo formativo e demostrativo xestionado pola Asociación Forestal de Galicia, que integra silvicultura, silvopastoreo e restauración ambiental.

⎯ Comunidade de Montes de Carballo (Friol). Exemplo de xestión veciñal activa, que promove proxectos de micoloxía, apicultura e silvopastoreo, combinando produción, conservación e participación comunitaria.

A actividade é gratuíta, con saída ás 09:00 h desde a praza do Concello de Rianxo e regreso previsto ás 17:00 h. As persoas interesadas deben inscribirse cubrindo o formulario dispoñíbel en liña.

Estas accións forman parte do compromiso do Laboratorio Ecosocial do Barbanza por reforzar as capacidades locais e acompañar a transición cara a modelos forestais e agrogandeiros máis respectuosos co medio, xerando coñecemento práctico e aplicábel directamente ao territorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.