O Concello de Noia instala enerxía fotovoltaica no Polideportivo Alonso Rodríguez cun investimento de 48.158 euros

14 Novembro 2025

O Concello de Noia vén de completar a obra de instalación dun sistema de enerxía fotovoltaica no Polideportivo Alonso Rodríguez, unha actuación que permitirá reducir de maneira notábel o consumo eléctrico da instalación e impulsar o uso de enerxía verde no municipio. O alcalde, Francisco Pérez, e o tenente de alcalde, Manolo Seijas, visitaron este venres 14 de novembro os traballos recentemente rematados.

Explicaron que a intervención, cun investimento total de 48.158 euros, permitirá un aforro estimado de arredor de 9.000 euros anuais na factura eléctrica, “favorecendo así unha xestión máis eficiente e sustentábel das infraestruturas deportivas municipais.

A obra foi licitada o 20 de agosto de 2025 e conta cunha subvención de 28.894,80 euros concedida polo INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), dentro das liñas de apoio destinadas ao fomento das enerxías renovábeis. Durante a visita, Manolo Seijas destacou que “esta actuación forma parte da aposta do goberno local por avanzar na eficiencia enerxética e reducir custos a longo prazo, ao tempo que contribuímos a unha Noia máis respectuosa co coidado do medio”.

“Desde o Concello seguimos firmes no noso compromiso de modernizar as instalacións municipais,” afirmou o alcalde de Noia, Francisco Pérez. “Estamos incorporando solucións que non só reducen o impacto ambiental, senón que tamén melloran a calidade do servizo que ofrecemos á cidadanía. Esta é a liña na que queremos continuar avanzando”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.