O Concello de Noia e O Xeito presentan o espectáculo “Am@te” con motivo do 25N

17 Novembro 2025

No marco das actividades do 25N, Dia pola Erradicación da Violencia Contra as Mulleres, o Concello de Noia, a través da Concellería de Igualdade e do CIM de Noia, convida á veciñanza a compartir unha tarde de teatro e reflexión coa obra Ám@te, da Asociación Cultural O Xeito. Será o domingo, 23 de novembro ás 19.00 horas na Sociedade Liceo de Noia, con entrada de balde. Trátase dunha “proposta teatral que nos convida a reflexionar sobre o amor, a dor e a liberdade”, informou o Concello, engadindo que o espectáculo denuncia “eses tópicos que perpetúan a violencia machista” e convídanos a “repensar o que estamos a facer para finalizar esta traxedia social”.



Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...