O Concello de Boiro colabora coa Cruz Vermella de Boiro na celebración dun magosto comunitario

07 Novembro 2025

O Concello de Boiro colabora coa Cruz Vermella de Boiro na celebración dun magosto comunitario que está previsto que se celebre o vindeiro 15 de novembro. Na presentación da actividade participaron o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, e o presidente da Cruz Vermella de Boiro, Julio García.

Esta actividade da Asemblea Local da Cruz Vermella de Boiro está enmarcada na conmemoración dos 25 anos dos Talleres de Memoria e pretende poñer en valor o traballo comunitario desenvolvido pola Cruz Vermella ao longo destas décadas, fomentando o encontro interxeracional e a participación cidadá a través dunha xornada lúdica-cultural.

A actividade será o sábado 15 de novembro durante todo o día na praza da Terceira Idade. De 10.00 a 14.00 horas estará instalado, como todos os segundos e cuartos sábados do mes, o Mercado Ecolóxico con postos de artesanía e alimentación con produtos de proximidade.

Ás 12.00 horas haberá un espectáculo infantil e familiar do Mago Teto e a partir das 13.00 horas picada musical e sesión vermú seguido de xantar popular, para o que cada persoa levará a súa propia comida e será necesario confirmar asistencia antes do 11 de novembro.

Pola tarde continúan as actividades a partir das 16.00 horas co roteiro Paseo de Jane: Camiño Vello e xa a partir das 17.30 horas magosto/serán musical coa colaboración dos grupos Xilbarbeira, Os da boina, Aroña e Mar de Cabo.

Ademais a Asociación Boirense de Empresas colabora na actividade cunha campaña especial onde, todas as compras realizadas o 15 de novembro en establecementos asociados, participarán nun sorteo dun lote de produtos típicos de outono.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.