O Concello de Boiro adquire un vehículo eléctrico para as obras e servizos municipais

12 Novembro 2025

O Concello de Boiro vén de adquirir un vehículo 100% eléctrico destinado aos departamentos municipais de obras e servizos mediante unha subvención da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Medio Ambiente, Olga González, recepcionaron este mércores 12 de novembro o vehículo.

A adquisición encádrase noi plan de renovación da flota de vehículos e maquinaria municipal a unha máis eficiente e menos contaminante. Os vehículos dos que dispoñen os departamentos municipais teñen moitos anos e moito uso, ademais de ser propulsados a gasóleo e moi ruidosos, o que fai que non se poidan empregar en determinados horarios da xornada laboral.

Deste xeito vense de adquirir un vehículo 100% eléctrico co que se renova o parque móbil, cunha autonomía de 135km, sen emisión de gases de efecto invernadoiro e cunha redución importante da emisión de ruído e con capacidade para ser empregado por diversos departamentos municipais.

Para esta adquisición o Concello de Boiro recibiu o financiamento ao 70% mediante unha subvención de 32.000 euros no marco das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2025 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.