O Concello da Pobra destinou máis de 220.000 euros á mellora de instalacións deportivas e a axudas a clubs no 2025

10 Novembro 2025

Eloy Sobrido, concelleiro de Deportes Pobra do Caramiñal, reafirmou, esta mañá, o compromiso do goberno local co “deporte e cos clubs e entidades deportivas do municipio”. Fíxoo nunha conferencia de prensa na que expuxo as principais cifras da área ao longo do presente exercicio. En total, tal e como explicou, destináronse 224.346 euros entre obras, actuacións de mellora e acondicionamento nas instalacións e axudas tanto directas como indirectas a entidades.

Tal e como fixo saber, “esta cantidade é superior”, xa que a isto habería que sumar “as actividades propias que organizamos desde a Concellería, como son a Carreira Popular ou a Milla Nocturna e a colaboración que prestamos para outras citas como, por exemplo, o Torneo Internacional CONGALSA”.

No apartado de novos investimentos, a cifra ascende aos 104.296 euros. Entre os executados no 2025, o edil de Deportes destacou o do Campo de Fútbol de Alta (38.000 euros), e que supuxo a demolición do muro e o acondicionamento da zona de aparcadoiro. Con todo, o Concello realizou tamén intervencións no campo de Cadreche (21.000 euros) e no da Tomada (uns 3.000 euros).

A Concellería dedicou, ao longo deste exercicio, preto de 40.000 euros ao mantemento das instalacións deportivas. Trátase dunha partida coa que “se actuou en todas as dependencias, procurando que estas estean nas mellores condicións posibles para os usuarios e usuarias”.

Axudas a clubs

Aparte dos investimentos, o concelleiro de Deportes subliñou o “esforzo” que o Goberno local realiza, desde os últimos anos, no apartado de axudas. No caso das directas, acadáronse os 61.000 euros. En canto ás indirectas, segundo os cálculos do departamento, a cantidade sería de 20.000 euros dirixidos á compra de trofeos e á disposición e préstamo de servizos para eventos: ambulancias, os baños portátiles, escenarios, etc.

Eloy Sobrido agradeceu o labor que realiza o persoal do departamento de Deportes, que cualificou de “fundamental” e incidiu, ademais, na vontade de “continuar apostando polo noso tecido deportivo, que cumpre unha función esencial no concello”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.