O ciclo Muller e Saúde de Boiro vén con novas sesións de apoderamento persoal

10 Novembro 2025

Volven esta semana as actividades divulgativas e dinamizadoras do ciclo Muller e Saúde (Semente de Autocoidado), organizado Concello de Boiro (a través do Centro de Información á Muller) para achegar recursos saudábeis á poboación feminina e contribuír a mellorar a súa calidade de vida e máis o seu apoderamento.

A primeira cita deste semana será este mércores 12 en horario de tarde, de 16.30 a 19.30 horas, e tratará sobre as ferramentas e metodoloxías para o día a día da saúde mental e a saúde emocional. Desenvolverase no Centro Social de Abanqueiro

A segunda cita levarase a cabo entre o mércores 12 e o venres 14, en horario de mañá (de 9.00 a 15.00 horas) e nas sesións porase o foco no afrontamento para o crecemento persoal. As sesións celebraranse no propio Concello de Boiro.

O ciclo rematará o 20 de novembro cun obradoiro sobre novas tecnoloxías (aplicacións e ferramentas dixitais), en horario de tarde na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro.

Información e inscrición en cim@boiro.org ou no 981 84 48 00 ext. 1285.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.