O ciclo Muller e Saúde de Boiro pon o foco este xoves nas novas tecnoloxías e nas aplicacións

20 Novembro 2025

Esta semana proseguen en Boiro as actividades divulgativas e dinamizadoras do ciclo Muller e Saúde (Semente de Autocoidado), organizado Concello de Boiro (a través do Centro de Información á Muller) para achegar recursos saudábeis á poboación feminina e contribuír a mellorar a súa calidade de vida e máis o seu apoderamento.

A cita é este xoves 20 a partir das 16.30h.

Trátase da última actividade da presente edición do ciclo e que consistirá nun obradoiro sobre novas tecnoloxías (aplicacións e ferramentas dixitais), en horario de tarde na Aula CeMIT do Centro Social de Boiro. O taller desenvolverase baixo o epígrafe Tecnoloxía e saúde: apps e novas ferramentas, e con esta actividade búscase axudar ás mulleres participantes a extraer unha utilidade positiva do panorama actual das novas aplicacións e servizos.

Información e inscrición en cim@boiro.org ou no 981 84 48 00 ext. 1285.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.