O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza este sábado un obradoiro de cestería para a rapazada

05 Novembro 2025

Este sábado 8 de novembro o Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza un obradoiro de cestería destinado á rapazada de entre 6 e 14 anos, a partir das 11.00 horas.

O obxectivo é que a rapazada descubra como se facía un cesto na prehistoria empregando técnicas tradicionais.

Data e hora: Sábado 8 de novembro de 11:00 a 13:30 h.

Duración: 2:30 horas

Destinatarios: Rapazada de 6 a 14 anos

Descrición da actividade: Ao longo da sesión, a rapazada descubrirá como se elaboraban os cestos na prehistoria empregando técnicas tradicionais. Ademais, poderán confeccionar o seu propio cesto e levalo como recordo para a casa.

Inscrición: A actividade require inscrición previa.

Aforo limitado a 15 prazas por sesión.

A actividade será impartida pola Asociación Ambar.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...